Saturday 04 de May de 2024

A empresa de eólicos EDP doa ao Concello de Vimianzo un lote de ordenadores portátiles para destinar ao servizo de préstamo


Súmanse aos equipos dos que xa dispoñía o Concello e que xa estaba repartindo ás familias que máis o necesitan.

O Concello de Vimianzo continúa na loita contra a fenda dixital logo de recibir outro lote de ordenadores portátiles por parte da empresa de eólicos EDP, e que se destinarán ao servizo de préstamo.
Únense estes aos equipos dos que xa dispoñía o consistorio vimiancés e que xa se repartiron nos núcleos familiares que non podían acceder nin á compra dun destes aparellos nin á conexión de rede.
Servizos Sociais estudou caso por caso para dar prioridade ás familias en maior risco de vulnerabilidade, e así sobre todo achegar este material aos nenos e nenas, e así non perderan o ritmo lectivo de cara á continuación das clases de xeito telemático.
Esta mesma mañá fíxose entrega dun novo equipo, e desde o Concello a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quere agradecer “un novo xesto vido desde o empresariado que opera no noso territorio. Estamos vendo mostras de solidariedade enormes e con estas axudas incrementaremos a cobertura social no noso municipio”, destaca a rexedora.